Pedro Armendáriz
(1948) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pedro Gregorio Armendáriz Hastings 9 de maio de 1912 Cidade de México |
Morte | 18 de xuño de 1963 (51 anos) Ronald Reagan UCLA Medical Center (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | suicidio, cancro |
Lugar de sepultura | Panteón Jardín (en) |
Educación | California Polytechnic State University (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 1935 - 1963 |
Xénero artístico | Wéstern |
Familia | |
Fillos | Pedro Armendáriz Jr. |
|
Pedro Gregorio Armendáriz Hastings, nado en Churubusco (Cidade de México) o 9 de maio de 1912 e finado nos Ánxeles o 18 de xuño de 1963, foi un actor da chamada "Época de Ouro do cinema mexicano", ademais de traballar tamén en Hollywood e en Europa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do mexicano Pedro Armendáriz García-Conde e a estadounidense Adela Hastings. Viviu cos seus pais en Texas e estudou en California, onde rematou a súa carreira de enxeñaría na Escola Politécnica de California.
Ao acabar os seus estudos mudouse á Cidade de México, onde se empregou como ferrocarrileiro, guía de turistas e xornalista da revista bilingüe México Real. Foi descuberto polo director de cine Miguel Zacarías cando Pedro recitaba o monólogo de Hamlet a unha turista estadounidense. Filmou a súa primeira película aos 22 anos e, desde aquela, actuou en ducias de filmes alternando o cine mexicano co estadounidense. Foi o actor favorito de Emilio Fernández, con quen realizaría algunhas das súas mellores películas como Soy puro mexicano (1941), Flor Silvestre (1942), María Candelaria (1943), Bugambilia (1945), Enamorada (1946) ou La Perla (1947), alternando con figuras tan míticas como Dolores del Río e María Félix. Tamén participou en producións de Francia, España, Italia e Inglaterra. En Hollywood, foi coñecido polo seu traballo en filmes como Fort Apache (1948), e ten actuado ás ordes de directores como John Ford, John Huston ou Michael Curtiz.
En 1956 participou na película The Conqueror producida por Howard Hughes. Esta foi rodada no estado norteamericano de Utah nunha época na cal o goberno norteamericano realizaba probas nucleares no veciño estado de Nevada. 91 das 220 persoas involucradas na produción da película enfermaron de cáncer e 46 destas morreron a consecuencia desta enfermidade, entre elas, os actores John Wayne (cancro de estómago e pulmón), Susan Hayward (cancro de cerebro), Agnes Moorehead (cancro de pulmón), John Hoyt (cancro de pulmón). Ademais destes, o director da película, Dick Powell (cancro de glándulas linfáticas) tamén finou. Pedro Armendáriz empezou a sufrir dores na cadeira e anos despois atopóuselle cancro. Ao saber da súa mortal enfermidade e que tiña metástase, durante a súa estancia no hospital da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) Pedro optou polo suicidio cun tiro no peito o 18 de xuño de 1963.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Hollywood
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1947 | O fuxitivo | Policia | O fuxitivo |
1948 | Fort Apache | Beaufort | as Pedro Armendariz |
3 Godfathers | Pedro "Pete' Roca Fuerte | ||
1949 | Tulsa | Jim Redbird | |
We Were Strangers | Armando Ariete | ||
1950 | The Torch | José Juan Reyes | Del odio nace el amor (México) |
1954 | Border River | Xeneral Eduardo Calleja | |
1956 | The Littlest Outlaw | Xen. Torres | |
1956 | The Conqueror | Jamuga | |
Diane | Francis I | ||
1957 | The Big Boodle | Col. Mastegui | as Pedro Armendariz |
1959 | The Wonderful Country | Cipriano Castro | |
Little Savage | El Tiburón | ||
1961 | Francis of Assisi | Sultán | |
1963 | Desde Rusia con amor | Kerim Bey | |
Captain Sindbad | El Kerim |
Cinema italiano[editar | editar a fonte]
|
Cinema francés[editar | editar a fonte]
|